Hist. e Xeog. de Galicia

Monday, May 15, 2006

ANTÓN VILAR PONTE


Antón Vilar Ponte naceu en Viveiro en 1881. Iniciou os seus estudos na vila natal, e posteriormente fixo Farmacia en Compostela, exercendo de boticario en Foz tras licenciarse. Antón Vilar Ponte exerceu simultaneamente de escritor e periodista en diversas publicacións, coma "Guau..Guau" ou "Revista Gallega". En 1908 abandona a farmacia e emigra a La Habana, participando no fundación de revistas e colaborando na Comisión Protectora da Real Academia Galega . Regresou á patria en 1910 e promoveu a fundación das Irmandades da Fala, nas cales colaborou activamente dirixindo "A Nosa Terra" e promovendo o teatro en galego: por exemplo, en 1919 colaborou na fundación do Conservatorio Nazonal de Arte Galego ( chegaría a dirixilo) e traduciu obras dramáticas de importante autores. A súa actividade non se reduciu a iso, senón que tamén é autor de varias pezas ("Entre dous abismos", "Almas Mortas") e colaborou con Cabanillas na obra "O Mariscal". Aparte da súa produción dramática, destacou pola súa obra ensaística e xornalística de orientación galeguista para o espallamento da labor das Irmandades. Trala escisión destas abandoou a dirección de "A Nosa Terra", pero por esa época colabora activamente con Manoel Antonio na redacción do manifesto Máis Alá, que iniciará a vangarda creacionista en Galicia.
Tamén tomou parte activa en política, sendo deputado en Cortes Constituíntes en 1931 por ORGA (partido do cal participara na súa fundación) e outra vez en 1936 polo Partido Galeguista, aínda que continuará coa súa verdadeira vocación, o teatro, xa que nesa época escribiría obras coma "Os Evanxeos da risa absoluta" ou "Nouturnio de medo e noite".
Faleceu a principios do ano 1936 e parte da súa obra sería recollida postumamente no libro "Pensamento e sementeira" publicado en 1971.

Friday, April 28, 2006

VICENTE RISCO


Vicente Risco naceu en Ourense en 1884 nunha familia de boa situación económica (o pai traballaba como funcionario de Facenda). Despois de remata-lo bacharelato, estudou dereito por libre na Universidade de Santiago, tralo cal ingresou en Facenda en Ourense.
Durante a súa mocidade participou en numerosas tertulias nas que tamén participaron outros intelectuais coma X. A. Cuevillas ou A. Vázquez Nuñez, que contribuirán á aparición da vocación literaria do escritor. Tamén entrou en contacto coa literatura ocultista e oriental, e chegaría a escribir artigos filosóficos no xornal "El Miño" (iso si, asinando con pseudónimo).
Abandoou o seu traballo e marchou a Madrid para estudar maxisterio, entrando en contacto con importantísimas figuras coma Ortega y Gasset ou Ramón Gómez da la Serna e incorporándose ó catolicismo. Regresa a Ourense en 1916 cos seus estudos rematados e ingresa como catedrático de historia na Escola Normal, e funda xunto con Noguerol Román a revista "La Centuria", en castelán, que é considerada o antecedente da revista Nós.
En 1918, todo o grupo de xente relacionada con esta publicación entrou en contacto coas Irmandadades da Fala a través de A. Losada Diéguez , integrándose deste xeito no galeguismo (pronuncian discursos, colabora en "A Nosa Terra", participa en mitins...). Todo este proceso de conversión quedou plasmado na obra "Nós os inadaptados" piblicada en 1933. Ó pouco tempo xa se convertera nunha das figuras máis importantes do galeguismo, sobre todo trala publicación es 1920 de "Teoría do Nacionalismo galego" (en 1918 xa publicara un artigo co mesmo nome). Nesta obra combina a ideoloxía de Murguía co irracionalismo filosófico, co determinismo xeográfico e con moitos outros elementos, chegando aá conclusión de que Galiza pertence á cultura celta. Nesa época tamén colaborará na revista Nós.
Nos primeiros momentos da instauración da dictadura de Primo de Rivera, Risco mostrase favorable a ela porque considera que esta é unha boa oportunidade para acabar co caciquismo e instaurar unha mancomunidade similar á catalana.
A continuación ten diferenzas coas Irmandades da Fala e con "A Nosa Terra", e rematan as colaboracións cos dous, aínda que pouco despois reanúdaas en ANT (de carácter cultural). En 1930 viaxa a Alemaña, recollendo as experiencia desta viaxe no libro "Mittleuropa", experiencias que o leverán a inclinarse cara unha posición máis conservadora e católica.
Trala sublevación militar do 18 de xullo, Risco abandona o galeguismo, chegando a participar en actos de carácter católico e poñendo a súa literatura ó servizo do bando nacional. Risco renunciou ó galeguismo de por vida, ata súa morte en 1963.

Friday, April 14, 2006

ANTOLIN FARALDO


Antolín Faraldo naceu en Betanzos en 1822. Seu pai, o escribán Feliciano Vicente Faraldo, era un absolutista exaltado, pero seu fillo desenvolveu o seu pensamento no bando ideoloxicamente antagónico, o liberalismo progresista, e foi un dos principais protagonistas do primeiro provincialismo nacionalista galego. Tralo falecemento da súa nai Francisca Asorey Canda, Antolín Faraldo estudou Medicina na Universidade da Santiago de Compostela acadando o título de bachiller de Medicina en 1842. Dende sempre amosou un gran gusto pola lectura e a historia, e integrouse rapidamente nos ambientes xuveniles da cidade, levando a cabo nos primeiros 40 unha intensa actividade político-cultural, coma por exemplo sendo socio constituínte da Academia literaria de Santiago (na cal disertou sobre distintos temas coma por exemplo a emancipación da muller, a xuventude galega...). Posteriormente colaborou en El Idólatra de Galicia, foi redactor principal do xornal "El Recreo compostelano", dirixido por Neira de Mosquera (no cal asinaba con seudónimo) e máis tarde fundou e dirixiu xunto con outros periodistas a revista "El Porvenir", mediante os cales difundiu a súa ideoloxía liberal, rexionalista e progresista.
Durante o pronunciamento progresista de Solís (Revolución de 1846) xogou un papel fundamental. Primeiro foi o organizador dunha Xunta de Reclutamento de estudantes en Santiago e logo foi secretario da Xunta Superior Provisional de goberno de Galiza, redactando a proclama da constitución de mesma. Ademais tamen foi director da publicación El Porvenir, portavoz da revolución.
Tralo sonado fracaso da revolta, o 26 de abril vese obligado aexiliarse a Portugal con outros compañeiros revolucionarios. A continuación é condenado en rebeldía pero despois consegue a amnistía, regresando en 1847. Instalase en Madrid e dirixe a publicación La Europa ( na que segue defendendoos seus ideais progresistas peroxa sen connotacions específicas a Galicia), e finalmente falece en Granada no ano 1853.

Wednesday, April 05, 2006

MANUEL MURGUÍA


Manuel Murguía naceu o 17 de maio de 1833 en Froxel (Arteixo). Seu pai, Juan Martínez Castro, era boticario e Manuel tomou o apelido da súa nai Concepción Murguía. Tralo traslado familiar a Santiago, leva a cabo alí os seus estudos de humanidades e farmacia (estes ultimos por imposición paterna), licenciándose posteriormente en filosofía pola Universidade compostelá, aínda que a súa verdadeira vocación desde sempre serán a literatura e a historia (a cal influirá decisivamente na súa ideoloxía). A súa vida cultural en Santiago xirará en torno as tertulias no Liceo da Xuventude, onde coñecerá a Aureliano Aguirre, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro, figuras decisivas no Rexurdimento galego. Nesta época colaborará en xornais e diferentes publicacións, aparte de desenvolver unha gran actividade literaria ("Desde el cielo", "Mientras duerme") que fará que moitos o consideren a promesa literaria do momento.
Trasladouse a Madrid para rematar alí os seus estudos, e na capital de España a súa relación con Rosalía de Castro (que tamén se atopaba alí) farase cada vez máis cercana, ata que acaban casando en 1858, regresando máis tarde a Galicia.
Murguía colaborou en diferentes xornais da época coma "La Oliva", "El Miño" ou "La Patria Gallega" nos que plasmou a súa ideoloxía. A continuación adicouse á redaccion dunha historia de Galicia (coma Vicetto, outro dos máis prestixiosos periodistas da época) publicada en Lugo en 1886. A de Murguía centrábase no argumento do celtismo para xustifica-la existencia da nacionalidade galega: raza, situación xeográfica, lingua, costumes, folclore e ata alma son os pilares básicos da mesma. Pese o errado deste pensamento, será fundamental para demostrar a diferenciación de Galicia e será moi importante para dotar o galeguismo dunha base ideolóxica cando estale da revolución de 1868.
Regresa a Galicia no 80 tras ser elixido para o cargo de xefe do Arquivo Xeral de Galicia, e no 85 Cronista Xeral do reino. En 1891, Alfredo Brañas (principal representante da corrente tradicionalista do rexionalismo,oposta á corr. liberal de Murguía) funda a Asociación Regionalista Gallega presidida por Murguía nun intento de uni-las duas correntes. Finalmente, o predominio do sector tradicionalista leva a Murguía a escindirse e funda-la Liga Gallega, esta vez cun predominio liberal. Estas agrupación tiveron escasa trascendencia, pero non así a Academia Galega fundada en 1906 grazas ó impulso de Murguía e outros importantes escritores e intelectuais da época, e do cal saíron ideas coma a creación do primeiro dicionario galego.
Finalmente, Murguía faleceu en 1923. A súa obra en galego foi escasa, pero tivo unha importancia fundamental para o galeguismo posterior, exercendo unha importancia decisiva en autores coma por exemploVicente Risco.

Monday, March 06, 2006

O PROCESO DE IDENTIFICACIÓN NACIONAL

O texto sinala que a creación dunha comunidade nacional está baseada fundamentalmente nos símbolos dun país, por exemplo a bandeira e as súas cores, os escritos históricos, certas paisaxes, a literatura ou incluso a cociña tradicional.
A identidade nacional non é algo individual e unitario, senón que pertence a un conxunto máis grande doutras identidades (etnia, relixión...) do cal se deduce que unha nación fórmana o conxunto de nacionalismos que a integran. Non tódalas persoas se senten igualmente identificadas coa súa nación, senón que hai diferenzas tanto económicas coma de sexo.
O xurdir dos nacionalismos estivo ligado ós procesos económicos sociaos, sociais e políticos que tiveron lugar a finais do s.XVIII o marxismo da Internacional contribuíu igualmente ó seu auxe.
Tamén son fundamentais unha lingua común (aqui xogan un papel fundamental os mestres) e os estereotipos, que inconscientemente nos guían por unhas pautas de comportamento.
Hoxe en día coa globalización e a creación de organismos coma a UE téndese á desaparición dos nacionalismos e a unha internalización da identidade, o cal non é demasiado aconsellable, xa que supón a perda da identidade cultural propia de cada estado (e polo tanto de cada individuo).

Saturday, February 18, 2006

OS CARRILANOS

Os "carrilanos" era o nome que recibían os obreiros adicados á construcción da liña de ferrocarril que comunicaba Galicia coa Meseta, máis concretamente Ourense con Puebla de Sanabria.A construción destes tramos realizouse entre 1929 e 1957 (nese período de tempo alternaríanse no poder gobernos monárquicos, republicanos e ata duas ditaduras) debido á gran dificultade que conlevaba o terreo irregular da zona,con montañas, serras, outeiros... Incluso as autoridades chegaron a dicir que non pagaba a pena construír os que quizais serán os tramos máis difíciles de España.
Os carrilanos desenvolveron o seu traballo nunhas condicións verdadeiramente malas. Nos túneles apenas había luz, as explosións eran constantes, o po fixo que a maioría enfermase de silicose ("mal da vía"), os desprazamentos que tiñan que facer podían chegar a 6 kilómetros...Moitos dos que sobreviviron definiron o seu traballo alí como "escravitude".
Levouse a cabo a construción dun poboado para os obreiros, no que viviron mentras durou a construción da vía, e así tamén podían ser controlados polos patróns.Este contaba con todo aquilo que se podía atopar nun pobo normal: vivendas, bar, economato...Finalmente, tralo remate das obras, o poboado foi destruído.
Hoxe en día afrontamos en Galicia de novo o problema das comunicacións coa Meseta, pero confiamos en que a tráxica historiados Carrilanos non se repita.

Wednesday, February 15, 2006

A CULTURA CASTREXA

A cultura castrexa desenvolveuse no noroeste da Península entre os s.VI a. C. e o VI d.C. e recibe este nome polas suas construccións típicas, os castros. Pénsase que é o resultado da unión de elementos autóctonos con outros d procedencia centroeuropea ( do Bronce final). Os casrtos estendidos por Galicia son entre 2000 e 2500 e aparecen máis concentrados en zonas como Ulloa, Tabeiros, Deza ou Maris, e moito menos no sureste galego e nas montañas setentrionais. Os castros eran lugares de residencia con carácter defensivo, e soían colocarse en outeiros ou lugares elevados.
A súa economía caracterízase por unha agricultura rudimentaria de base cerealística (millo, trigo...) por un aproveitamento do gando, pola recolección de froitos silvestres e, nas zonas costeiras, dábase a pesca e o marisqueo. O comercio era con metais (tiñan unha importante metalurxia) ou cerámica, A estrutura social celta baseabase nos lazos de sangue e na familia e a súa relixiosidade era un rasgo moi acentuado (o seu panteón formábano máis de 100 deuses) aínda que non había nin templos sin sacerdotes. As súas prácticas relixiosas consistían en sacrificios animais e ata humanos.